Turvilagarcía
ESPECIALES
El Mercado de Vilagarcía en la Historia
Guía rápida para conocer Vilagarcía de Arousa
Iglesia Parroquial Santa Eulalia de Arealonga
La familia de D. García de Caamaño

Ir a 1-4 | 5-8 | 9-12 | 13-16 | 17-20 | 21-24 | 25-28 | 29-32 | 33-36 | 37-40
GUÃA COMERCIAL
Alojamientos
Cafeterías
Restaurantes
De Tapas
Servicios Náuticos
Gimnasios
Centros de Estudio
De Tiendas, Comercios...
SERVICIOS
Historia
Callejero
Directorio Web
Fotografías, 360º
Rutas de Senderismo
Patrimonio
Fiestas Populares
AL DÃA
Noticias y Eventos
Cartelera de Cine
El Tiempo
Prensa local
Noticias de Galicia
Farmacias
Horarios de Transportes
Telefonos de Interés
Date a conocer con Turvilagarcia
REPORTAJES TURVILAGARCIA
Teatro de Adro

Teatro de Adro presenta en Vilagarcía “COMIDA CHINESA”

Un violador e asasino en serie e a nai dunha das súas posibles vítimas xuntos nun apartamento. Ela foi a súa psiquiatra na prisión. El é o seu paciente favorito. Unha relación imposible e enfermiza. O amor e a vinganza. O desastre e a éxtase. A vida. A morte e a doncela ou O silencio dos cordeiros. Un traballo diferente para un actor e para unha actriz. Un autor novo. Para sempre un desafío. Un tema aínda nunca tratado no teatro feito en Galiza. Un combate dialéctico e físico a un só asalto.

Construindo “Comida Chinesa”

Comida chinesa é unha obra para dous actores e, sen embargo, ten un ritmo trepidante. É herdeira, culturalmente, do cinema. As súas personaxes están nas cabezas de todos os espectadores. A información que se nos dá resulta recoñecible.

Aínda hoxe, os psiquiatras non son quen de explicar que pasa pola mente dun asasino en serie. Moi poucos admiten a súa culpabilidade ou teñen sentimento de culpa polos seus actos. Case nengún se arrepinte e a moi poucos se lIes encontra unha motivación concreta que os leve a cometer os seus crimes.

Comida chinesa afonda no universo dos psicópatas, mais non propón un mundo de bós e malos. Non introduce nengún maniqueismo. Todos son xulgados. A vítima e o criminal aparecen diante dos nosos ollos en pé de igualdade. O autor fuxe, conscientemente, dos favoritismos. E é precisamente este enfoque o que fai novedoso o texto.

Na súa liña de facer propostas diferentes, Teatro de Adro, sorprendenos agora cunha obra descarnada, realista, provocadora na que os seus protagonistas vivirán un tempo definitivo da súa existencia nun espazo obsesivo e onde a cama será o lugar polo que xire unha grande parte da acción.

A construcción dunha banda sonora que nos evoque determinadas atmosferas do imaxinario colectivo, xunto coa presenza da imaxe gravada a través dun video que nos aporte novos prismas argumentais serán dúas das características que desde a dirección definirán a nosa aposta.

El e Ela

El

Un home recollido sobre si mesmo. Atormentado, mais tamén sinxelo. Apacible pero cheo de enerxía interior. Buscando un camiño que desde hai anos xa está quebrado. Pasos sobre un sendeiro imposible. Exconvicto. Antisocial. Desganado coa súa propia existencia e coa do mundo.

Ela

Fría e paixonal, aparece diante de nós como un arrecendo de calor que agocha unha vinganza calculada. Medita as súas accións e movementos e tamén os seus desexos. Unha nai coraxe cun alto nivel económico. A súa vida non hai quen a endereite. Cre nas súas propias mentiras, ou non.

Elenco

Rubén: X. A. PORTO “Josito”
Raquel: MÓNICA GARCÍA
Deseño cartel e fotografía: MIGUEL CASTRO
Maquillaxe e vestiario: PALOMA UCIEDA
Deseño luces: AFONSO CASTRO
Espazo escénico: AFONSO CASTRO
Deseño sonoro: RÓMULO SANJURJO e M. LADRÓN DE GUEVARA
Banda sonora: A CARICIA DA SERPE
Letra canción “Psiquiatría italiana”: LINO BRAXE
Técnico grabación: ARTURO KRESS
Actores/actrices vídeo:FERNANDO DACOSTA, BELÉN CONSTENLA, CÉSAR CAMBEIRO, SHEYLA FARIÑA, EVA SALINAS, ANDREA ESPIÑEIRA
Voz presentador: LINO BRAXE
Textos vídeo: CHARLES BAUDELEAIRE, ARIEL DORFMANN, LINO BRAXE
Realizador vídeo: JOSITO PORTO
Montaxe vídeo: MIGUEL CONDE
Axudante de dirección: SABELA AMADO ROJO
Produción executiva: ELENA BENITO
Tradución, adaptación e dirección: LINO BRAXE

Agradecementos:

Sociedade de instrucción e recreo “La Juventud de Cecebre”, Fernando Esclusa, Fundación “Wenceslao Fernández Flórez”, Radio Nacional de España, Celia Díaz e Manolo Codesido, CDG.

TEATRO DE ADRO

Breve historial da compañía

TEATRO DE ADRO, S.L. é unha empresa teatral constituída en 1997 en Santiago de Compostela. Ten como especialidade a realización de espectáculos de pequeno e medio formato, aptos para seren programados en todo tipo de espacios de exhibición cultural. Os seus principias traballos son:

* NANO (baseada en textos da novela TicTac de Suso de Toro) adaptada e dirixida por Cándido Pazó e interpretada polo actor Xosé A. Porto “Josito”. Estreada en Xaneiro de 1997 no Teatro Galán de Santiago de Compostela e permaneceu en cartel ata abril de 2001. Foi producida sen axuda institucional. Alcanzou un total de 157 representacións (sendo a media no teatro galego de 30). Visitou todas as cidades e vilas galegas nas que se leva a cabo unha programación teatral (repetindo en bastantes lugares), fixo dúas temporadas en Madrid, unha en Barcelona, aparte distintas representacións por Castellón, Asturias, Canarias, Bilbao, Navarra e Portugal (Lisboa, Coimbra, Viana do Castelo). Esta obra representouse tanto en circuitos institucionais coma neutros circuítos (institutos, sempre acompañado dunha charlacoloquia, sala alternativas, festivais, celebracións, etc).
Esta montaxe recibiu o recoñecemento do público, da crítica e da profesión, obtendo os PREMIOS MARÍA CASARES 98 á Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Actor Protagonista.

* CÍRCULO: novela escrita por Suso de Toro como continuación de NANO e debido ao éxito acadado por este. Está publicada pola editorial Xerais. Trátase dun proxecto concreto levado a cabo para acompañar a presentación do libro de Suso de Toro polas distintas cidades galegas. Foi producida sen axuda institucional, contando coa colaboración da entidade bancaria Caixa Galicia na súa distribución. A súa estrea tivo lugar en A Coruña en febreiro de 1999. Adaptada e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Xosé A. Porto “Josito”. Este proxecto foi concebido de maneira pecha na súa distribución, cun total de 6 funcións.

* BULULÚ DO LINIER: escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Xosé A. Porto “Josito”. Foi estreada no Teatro Galán de Santiago de Compostela en marzo de 1999, acadando un total de 59 representacións e permanecendo en cartel ata novembro de 2001. Percorreu todas as cidades e vila galegas nas que existe unha programación teatral. Tamén fixo temporada en Barcelona e foi a única montaxe teatral que participou na edición do ano 2000 do FESTIVAL INTERNACIONAL DE LA ORALIDAD, celebrado en Barcelona, Castellón, Valencia e Elche; ademáis de participar no FESTEIXO 99 celebrado en Viana do Castelo (Portugal). Foi producida con axuda institucional, contando con subvención do IGAEM.
O recoñecemento da crítica e da profesión ponse de manifesto, de novo, recibindo, ademáis, o PREMIO MARÍA CASARES 2000 ao Mellor Texto Orixinal. Este texto foi publicado por Cándido Pazó en Baía Edicións en decembro de 2000.

* BINOMIO DE NEWTON: escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Xosé A. Porto “Josito” e Xosé M. Olveira “Pico”. A súa estrea tivo lugar no Teatro de Noia en decembro de 2001 cun total de 48 representacións, rematando a súa xira pola xeografía galega en novembro de 2003. Foi producida con axuda institucional, contando cunha subvención do IGAEM. A crítica e a profesión recoñecen, de novo, o traballo de TEATRO DE ADRO e obtén o PREMIO MARÍA CASARES 2003 ao Mellor Actor Protagonista.

* GARCÍA: escrita e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Xosé A. Porto “Josito” e César Cambeiro. Foi estreada en abril de 2005 en Narón, presentada, no mesmo mes na Feira de Teatro de Galicia e ten un total de 45 representacións, entre elas: a participación no Festival Internacional de Rivadavia e a Mostra de Teatro de Cee, Mostra de Teatro de Cariño, Mostra de Teatro de O Carballiño. Nominado aos Premios Max 2006 (Premios nacionais de Teatro) ao Mellor Texto Teatral en lingua galega e ao Mellor Espectáculo Revelación. Premios María Casares 2006 ao Mellor Texto Teatral e á Mellor Maquillaxe, nominada ao Mellor Espectáculo.

O AUTOR

Pedro A. Ramos García é escritor e guionista. Naceu en Entrevías, Madrid, en 1973. Logo de licenciarse na Universidade Complutense, realizou unha breve incursión no mundo da publicidade ata que no ano 2004 creou o Taller de Escritura Creativa 4 contos (www.4contos.com) na Coruña, cidade na que, actualmente, compaxina o seu labor como xestor cultural con colaboracións no suplemento Culturas de La Voz de Galicia.

Como guionista participou nas series "As leis de Celavella" e "Libro de familia". O seu guión "El ojo de la aguja" recibiu axuda para desenvolvemento da Xunta no ano 2005.

Acaba de terminar a escritura de "Piscis" xunto a Manuel Darriba, co que tamén escribiu e dirixiu o documental "Tolos por Xapón" para Bren Entertainment.