Turvilagarcía
ESPECIALES
El Mercado de Vilagarcía en la Historia
Guía rápida para conocer Vilagarcía de Arousa
Iglesia Parroquial Santa Eulalia de Arealonga
La familia de D. García de Caamaño

Ir a 1-4 | 5-8 | 9-12 | 13-16 | 17-20 | 21-24 | 25-28 | 29-32 | 33-36 | 37-40
GUÃA COMERCIAL
Alojamientos
Cafeterías
Restaurantes
De Tapas
Servicios Náuticos
Gimnasios
Centros de Estudio
De Tiendas, Comercios...
SERVICIOS
Historia
Callejero
Directorio Web
Fotografías, 360º
Rutas de Senderismo
Patrimonio
Fiestas Populares
AL DÃA
Noticias y Eventos
Cartelera de Cine
El Tiempo
Prensa local
Noticias de Galicia
Farmacias
Horarios de Transportes
Telefonos de Interés
Date a conocer con Turvilagarcia
REPORTAJES TURVILAGARCIA
A Festa dos Maios en Vilagarcía de Arousa
Rituales Populares

A orixe da Festa dos Maios, é un ritual coa finalidade primordial de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, así como de propiciar as boas colleitas, alonxando das terras todo tipo de axentes que puideran danalas. (fenómenos meteorolóxicos adversos, pragas de animais, seres maléficos, etc...)

Rituales nas que a vida dependía por completo das boas colleitas e da ordenada reprodución dos fenómenos naturais.
Norte e Sur de Galicia

Os Maios, sen lugar a dúbidas é a manifestación máis vistosa de cantas se celebran nos primeiros días de Maio, e tamén a que goza de máis popularidade. As principais manifestacións que se fan ou fixeron en Galicia son as seguintes:
  • Alumea-lo pan
  • Bendeci-los campos
  • Poñer ramos
  • A árbore
Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios, aqueles nos que é representado por un neno que a grandes rasgos coincide co norte de Galicia, e aqueles nos que o maio e representado por unha figura de follas e flores, típico da zona sur de Galicia:

Maios do Norte de Galicia.
De maio fai un neno, que recibe o nome de rei do maio, desfilando coas roupas totalmente recubertas con flores, edras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentras o seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta. Despois piden golosinas e cartos.

Maios do Sur de Galicia.
Son os máis coñecidos, a sua estructura de forma cónica, está feita con varas e mimbre, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista acóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico.



MÁS FOTOGRAFÍAS

BASES DA MOSTRA MAIOS 2004
Convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa, celébrarase o día 1 de maio as 12 horas na Plaza da Pescadería, a "Mostra dos Maios Vilagarcía 2004" dacordo coas seguintes bases:

1.- Poderán participar tódalas persoas ou colectivos de Vilagarcía que o desexen sen limitación de número de persoas ou idade.
O número de persoas se fixará según as categorias.

2.- A inscrición deberá facerse na Concellena de Cultura sita no edificio do Concello na Praza de Ravella, ata as 13 horas do día 30 de abril de 2004. Unha vez rematado o prazo non se admitirán na Mostra aqueles maios que non teñan feita a inscripción.
Os participantes deberán sinalar o nome, nº de participantes e acompaña-la letrilla a interpretar.

3.- Os participantes deberán te-los maios expostos na Praza da Pescadería as 11 horas, debendo permanecer no recinto da citada Praza como mínimo ata as 14 horas.

4.- Recomendase a utilización dos materiais tradicionais na construcción dos maios, polo tanto solicítase dos participantes a non inclusión de plásticos, pezas metálicas, etc.

5.- Calqueira dúbida plantexada será resolta pola organización da Mostra e os participantes deberán atender ás instruccións da organización.

6.- Os participantes nesta Mostra, aceptan íntegramente as presentes bases.

7.- A organización resérvase o dereito de non dotar económicamente aqueles traballos que presenten unha baixa calidade e non reúnan os requisitos mínimos esixidos.

MODALIDADES
Dotación Económica
Sin letrilla Con letrilla Con letrilla
Mínimo 8 persoas Mínimo 8 persoas Máis de 25 persoas
Maio Cónico 80 € 156 € 230 €
Maio Artístico 80 € 156 € 230 €
Mínimo 4 persoas Mínimo 4 persoas
Caixas e Cruz de Maio 32 € 63 €
8.- As letrillas deberán ser interpretadas e mostradas ó público sobre o escenario da Praza da Pescadería.