
El sábado 24 de noviembre a las 21.00 horas se presenta en el Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa la obra de teatro Noite de Reis ou o que queirades representada por el Centro Dramatico Galego.
El precio de la entrada es de 5 euros, en la propia taquilla del auditorio, o a traves de www.servinova.com.
FICHA ARTÍSTICA
Suso Alonso, María Bouzas, Xan Cejudo, Marcos Correa, Susana Dans, Borja Fernández, Bernardo Martínez, Rebeca Montero, Víctor Mosqueira, Simone Negrín, Xosé Manuel Olveira "Pico", Ramón Orencio e Marcos Orsi
Sipnosis
Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Ilíria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia. Ela cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está "poética, apaixonada e desesperadamente namorado" da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia pero Cesario -Violeta, en realidade- comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa parte, se namora do mensaxeiro, que é Cesario. Namentres, Malvolio, servidor de Olivia, perseguirá o amor da súa ama e, a causa dunha confusión amañada, crerase correspondido, producíndose unha serie de situacións hilarantes que o levaran case a entolecer. Ao mesmo tempo, Antonio, capitán de barco, consegue rescatar do mar a Sebastián. Ambos desembarcan en Ilíria. A presenza de Sebastián na cidade será o comezo do fin do enredo. Os malentendidos e cruzamentos de parellas avivados por Festas (bufón da corte de Orsino), enganando a André (burgués que tamén pretende a Olivia) e burlando a Malvolio resolveranse finalmente.